InicioEconomíaAprobada pola Universidade de Vigo unha oferta de emprego con 85 prazas

Aprobada pola Universidade de Vigo unha oferta de emprego con 85 prazas

O reitor da UVigo, Manuel Reigosa, deu conta no seu informe da celebración da reunión da conferencia de reitores e a sesión do Consello de Universidades para abordar a Lei Orgánica do Sistema Universitario.

PUBLICADO O

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes a Oferta de Emprego Público (OPE) de Persoal de Administración e Servizos (PAS) para 2021, con 85 prazas.

O acordo desta OPE, que representa a máis numerosa das realizadas neste mandato para este persoal, adoptouse con 24 votos a favor e unha abstención, segundo traslada a universidade. Esta oferta de emprego súmase á de persoal docente e investigador, que sumará máis dun centenar de prazas.

En concreto, a OPE aprobada este martes ofrece 85 prazas para PAS, das que 12 corresponden á taxa de reposición, 58 a estabilización de emprego, 11 a promoción interna e unha a persoal indefinido non fixo. Do mesmo xeito, reserva seis prazas para persoal con discapacidade, catro da escala auxiliar administrativa e dúas da escala auxiliar técnica.

No marco da sesión do consello de goberno tamén se deu luz verde á selección das áreas de coñecemento para participar na convocatoria de prazas de catedrático e profesor titular, ademais da correspondente ás áreas para a convocatoria das prazas reservadas a persoal investigador da OPE de 2021.

Ademais, aprobouse a equiparación do salario das investigadoras Ramón e Cajal e os doutores contratados, co mantemento das mesmas condicións económicas que as persoas investigadoras distinguidas da Universidade de Vigo.

LEI ORGÁNICA DO SISTEMA UNIVERSITARIO

Por outra banda, o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, deu conta no seu informe da celebración da reunión da conferencia de reitores e a sesión do Consello de Universidades para abordar a Lei Orgánica do Sistema Universitario.

A este respecto, sinalou que o ministro de Universidades, Manuel Castells, “mostrouse disposto a seguir negociando e a dar macha atrás nalgúns cambios introducidos na LOSU”. Reigosa afirmou que os reitores consideran que a lei non soluciona algúns problemas estruturais das universidades españolas e lamentou que, a medida que o Ministerio “fala con distintos representantes”, mesmo “se vai afastando do que estaba inicialmente pactado” coa conferencia de reitores.

Así as cousas, advertiu de que será preciso “traballar moito” para que a normativa “sexa algo que reflicta as necesidades da universidade española no seu conxunto“.

INSTALACIÓN DE CIENCIAS DO MAR NA ETEA

Noutra orde de cousas, Reigosa indicou que se negocia coa Xunta, a Zona Franca e o Concello de Vigo para instalar a Facultade de Ciencias do Mar na ETEA, mentres se traballa para que a proposta do Campus da auga sexa avaliada polo Goberno galego en 2022.

Adicionalmente, o reitor avanzou acordos alcanzados na mesa de negociación do persoal docente e investigador, como o da inclusión na próxima convocatoria de quinquenios e sexenios de profesorado axudante doutor e o principio de acordo para abonar o primeiro trienio a efectos do mes de xullo de 2022.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...