InicioPolíticaRubén Pérez, reelixido coordinador local de Esquerda Unida en Vigo

Rubén Pérez, reelixido coordinador local de Esquerda Unida en Vigo

O concelleiro de Marea de Vigo destacou o papel da esquerda e de axentes sociais, sindicatos e veciñanza na aposta polo municipalismo.

PUBLICADO O

O concelleiro de Marea de Vigo Rubén Pérez foi reelixido como coordinador local de Esquerda Unida (EU) na cidade olívica durante unha asemblea celebrada este venres na que tamén se renovaron os órganos de dirección.

Nesta asemblea local –a primeira celebrada de modo presencial desde o inicio da pandemia– tamén participou a coordinadora nacional de EU, Eva Solla, quen destacou que as direccións municipais están a renovarse ao longo de outono unha vez celebrada a Asemblea Nacional, a nivel autonómico, o pasado xullo.

Neste contexto, Solla analizou o impacto da covid-19 na actividade política e trasladou as liñas da organización nun mandato que “estará marcado polo traballo no ámbito municipal”, espazo no que Esquerda Unida no conxunto do Estado “é tradicionalmente unha forza con gran implantación” a través de centos de concelleiros.

Pola súa banda, Rubén Pérez, de novo coordinador de EU en Vigo, destacou o papel da esquerda e de axentes sociais, sindicatos e veciñanza na aposta polo municipalismo, ao organizar “espazos comúns de representación política e institucional nun momento de desmobilización” pola pandemia e a crise económica derivada.

Neste sentido, subliñou o protagonismo dos concellos como “institucións máis próximas” á veciñanza, que “tivo e ten un papel clave na recuperación económica dos municipios”. A asemblea viguesa do venres recibiu os saúdos do Partido Comunista de Galicia e da organización local de Podemos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...