InicioSociedadeNovo xefe de servizo de Cirurxía Vascular e cinco xefes de equipo...

Novo xefe de servizo de Cirurxía Vascular e cinco xefes de equipo en Primaria para a área de Vigo

Tamén se publicou a convocatoria de provisión, polo sistema de concurso de méritos, de cinco postos de xefatura de equipo de Persoal de Xestión e Servizos para os centros de saúde de Coia, Cangas, Redondela, Tui e Val Miñor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) dotará á área sanitaria de Vigo dun xefe de servizo de Cirurxía Vascular e cinco xefes de equipo de Persoal de Xestión e Servizos en Atención Primaria.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución da Xerencia da área sanitaria de Vigo pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de xefe do Servizo de Cirurxía Cardiovascular.

Así mesmo, publicou a convocatoria de provisión, polo sistema de concurso de méritos, de cinco postos de xefatura de equipo de Persoal de Xestión e Servizos para os centros de saúde de Coia, Cangas, Redondela, Tui e Val Miñor.

As bases de ambas as convocatorias estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da área sanitaria de Vigo e a páxina web do Sergas.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...