Localizan o home de 65 anos desaparecido en Vigo

Fontes policiais indicaron que os seus achegados presentaran unha denuncia pola súa desaparición o pasado 17 de novembro na Comisaría.

Desactivación da alerta de desaparición. SOS DESAPARECIDOS

O home de 65 anos desaparecido en Vigo durante o pasado mes de agosto foi localizado, tal e como difundiu a asociación SOS Desaparecidos.

A entidade comunicou a desactivación da alerta pola desaparición deste home, que fora visto por última vez o 1 de agosto pasado.

Fontes policiais indicaron que os seus achegados presentaran unha denuncia pola súa desaparición o pasado 17 de novembro na Comisaría.

O motivo de que a denuncia se formalizase tres meses despois foi que os familiares deste home non tiñan contacto frecuente con el, polo que non se decataron da súa desaparición ata mediados de novembro. Finalmente, a entidade SOS Desaparecidos comunicou a localización do home.