InicioIdentificada a presunta autora dun incendio en Arbo

Identificada a presunta autora dun incendio en Arbo

Segundo informaron fontes de Vicepresidencia da Xunta, o lume declarouse o pasado 14 de novembro no lugar da Granxa e afectou a 0,3 hectáreas de monte arboledo e monte raso.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Autonómica da xefatura de Vigo, en colaboración con efectivos da Unidade de Investigación de Incendios Forestais, identificaron a unha muller como presunta autora dun incendio ocorrido no municipio pontevedrés de Arbo.

Segundo informaron fontes de Vicepresidencia da Xunta, o lume declarouse o pasado 14 de novembro no lugar da Granxa e afectou a 0,3 hectáreas de monte arboledo e monte raso.

As investigacións apuntan a que a orixe estivo nunha posible neglixencia desa muller, á hora de realizar unha queima de restos de poda. As dilixencias practicadas por estes feitos foron remitidas ao xulgado de instrución número 3 de Ponteareas.

No que vai de ano, a Policía Autonómica investigou a 33 persoas como presuntas autoras de incendios forestais en Galicia.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...