InicioEconomíaEntregan ao Porto de Vigo unha certificación ambiental da Organización Europea de...

Entregan ao Porto de Vigo unha certificación ambiental da Organización Europea de Portos Marítimos

Segundo detallou a Autoridade Portuaria de Vigo, a certificación PERS da Asociación de Portos foi realizada pola Lloyd's Register, que mide o grao de cumprimento dos parámetros de desenvolvemento sustentable en máis dun centenar de portos.

PUBLICADO O

O Porto de Vigo volveu a obter a certificación ambiental específica para portos da Unión Europea (UE) Ecoports Port Environmental Review System (PERS), que foi concedida pola Organización Europea de Portos Marítimos (ESPO).

Segundo detallou a Autoridade Portuaria de Vigo, a certificación PERS da Asociación de Portos foi realizada pola Lloyd’s Register, que mide o grao de cumprimento dos parámetros de desenvolvemento sustentable en máis dun centenar de portos.

En concreto, o Porto de Vigo obtivo unha puntuación de 98,11 sobre 100 e situouse entre os portos do mundo con mellor cualificación de novo. De feito, a terminal olívica sempre obtivo puntuacións superiores a 96 sobre 100.

Por outra banda, recentemente o Porto de Vigo participou en Bruxelas (Bélxica) na Asemblea Xeral da Organización Europea de Portos Marítimos (ESPO), da que forma parte. Neste contexto, presentáronse os proxectos finalistas a uns premios europeos ambientais, os ESPO Awards 2021.

Así, unha delegación do Porto de Vigo, acompañada por membros da Fundación Galicia Europa, desprazouse a Bruxelas. Deste xeito, o xefe do Departamento de Sustentabilidade da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, presentou o proxecto ‘Peiraos do Solpor’, que busca a transformación de infraestruturas portuarias ‘grises’ en ‘verdes’.

Tras a exposición, o xurado valorou a iniciativa por innovación a nivel ambiental e social. Neste sentido, os especialistas consideraron que o proxecto representa unha resposta contra o cambio climático, a perda da biodiversidade e a acidificación dos océanos, xa que a mellora dos ecosistemas e o fortalecemento de especias autóctonas permiten combater especies invasoras.

VISITA INSTITUCIONAL

Noutra orde de cousas, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, e a directora executiva da Axencia Europea de Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), Susan Steele, reuníronse este martes na urbe olívica.

Na que foi a primeira visita realizada ao Porto de Vigo desde que asumise a Dirección Executiva da Axencia Europea de Pesca, Steel asistiu a unha presentación oficial da Autoridade Portuaria e coñeceu o centro de control, así como as instalacións da terminal.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...