InicioVigo e contornaVigoVigo acollerá unha marcha contra a violencia machista: "estamos fartas, sentimos rabia"

Vigo acollerá unha marcha contra a violencia machista: “estamos fartas, sentimos rabia”

Terá lugar o 25N ás 20:00 horas e partirá da Vía Norte.

PUBLICADO O

A semana do 25N regresa cargada de mobilizacións a prol da igualdade das mulleres e contra a violencia machista. Neste contexto, a plataforma Feminismo Unitario de Vigo vén de lanzar unha convocatoria para a mobilización que terá lugar na urbe olívica con motivo da efeméride do xoves.

“Un ano máis Feminismo Unitario Vigo estamos aquí para poñer o foco na violencia machista, que é o conxunto de violencias que sufrimos polo mero feito de sermos mulleres”, destacan dende a plataforma nun comunicado no que aluden ás “moitas formas” desta violencia, “dende as diminutas e cotiás, ata as devastadoras e mortais”. “O machismo adopta unha e mil maneiras de someternos, pero aquí estamos e estaremos a resistir e combatir cada unha delas, porque a loita é o único camiño”, inciden.

Neste aspecto, a plataforma lembra ás 87 mulleres asasinadas dende o pasado 25N, razón pola que “os motivos desta data non cesan e seguen igual de vixentes”. “Estamos fartas, sentimos rabia. Pero non cesaremos de loitar contra o patriarcado que quere acabar con nós. É por iso que o lema deste ano é ‘Transformar a raiba en revolta’, apuntan.

Un lema que soará na mobilización convocada para o xoves 25 de novembro e que que sairá ás 20:00 h. de Vía Norte para percorrer a rúa Urzaiz ata Colón, onde terá lugar a lectura do manifesto e a listaxe de feminicidios, “homenaxeando así ás compañerias asasinadas polo terrorismo machista”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...