InicioSociedadeSabes cales serán os principais festivos locais de Vigo?

Sabes cales serán os principais festivos locais de Vigo?

Ademais haberá dous festivos autonómicos que cambian de día por caer en domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución da Direción Xeral de Relacións Laborais pola que se dá publicidade aos días festivos de carácter local para 2022, no marco do calendario laboral para o ano que vén, e a maioría de municipios optaron por designar como non laborable o 1 de marzo, Martes de Entroido.

A normativa estatal fixa para o ano próximo 14 festivos non recuperables, remunerados e obrigatorios, dos que 2 son elixidos por cada municipio. A Dirección Xeral lembra na súa resolución que, en virtude do establecido no Estatuto dos Traballadores, o calendario laboral debe exporse nun lugar visible de cada centro de traballo para coñecemento e consulta dos empregados e empregadas.

Segundo publica o DOG este luns, a maior parte de municipios galegos optou por fixar como non laborable o 1 de marzo, Martes de Entroido, ademais dun segundo día, normalmente por festas patronais especificamente locais.

Finalmente, na provincia de Pontevedra, a cidade de Vigo fixou como festivos locais o 28 de marzo (Reconquista) e o 16 de agosto (San Roque); Pontevedra terá como non laborables os días 2 de marzo (Mércores de Cinza) e 11 de xullo (San Benito); en Vilagarcía de Arousa serán festivos o 23 de maio e o 16 de agosto; e en Redondela, o 25 de abril (Luns do Cristo) e o 16 de xuño (festividade da Coca).

Ademais dos festivos locais, os galegos teñen outras dúas festividades no seu calendario laboral de 2022, neste caso de carácter autonómico: o Días das Letras Galegas (ao coincidir en domingo o 1 de maio) e o día de San Xoán, 24 de xuño (ao coincidir en domingo o 25 de decembro).

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...