InicioEconomíaPeinador retomará en decembro as rutas de Air Nostrum a Valencia, Sevilla,...

Peinador retomará en decembro as rutas de Air Nostrum a Valencia, Sevilla, Málaga e Mallorca

Así o confirmou o alcalde, Abel Caballero, nunhas declaracións remitidas aos medios, e sinalou que o que queda de contrato con esta aerolínea executarase ata setembro do ano que vén.

PUBLICADO O

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á continuación do contrato con Air Nostrum, que quedou en suspenso debido á pandemia, e retomaranse os voos a partir do 17 de decembro, neste caso con conexións a Valencia, Sevilla, Málaga e Mallorca.

Así o confirmou o alcalde, Abel Caballero, nunhas declaracións remitidas aos medios, e sinalou que o que queda de contrato con esta aerolínea executarase ata setembro do ano que vén.

Así, retomaranse os voos a Valencia con tres frecuencias semanais, que aumentarán a seis en tempada de verán; os voos a Mallorca empezarán en decembro con seis frecuencias semanais, logo reduciranse a dúas en tempada baixa e volverán aumentar despois.

No caso de Sevilla e Málaga, retomaranse os voos con dúas frecuencias semanais en cada caso, desde xuño a setembro do ano que vén.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...