A Xunta reclama ao Goberno un “compromiso” para tratar a contaminación por lindano no Porriño

A directora xeral de Calidade Ambiental, Cambio Climático e Sostibilidade, Sagrario Pérez Castellanos, lembrou que este mes o Consello de Ministros aprobou a concesión dunha axuda directa de 1 millón de euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para traballos de control e vixilancia da contaminación de chans pola produción de lindano en Sabiñánigo.

A directora xeral de Calidade Ambiental, Cambio Climático e Sostibilidade, Sagrario Pérez, durante o seminario. XUNTA

A Xunta reclamou ao Goberno central un “compromiso” que aborde a contaminación por lindano no Porriño como o establecido con Aragón para solucionar esta mesma situación en Sabiñánigo.

Durante un seminario en Bruxelas (Bélxica), a directora xeral de Calidade Ambiental, Cambio Climático e Sostibilidade, Sagrario Pérez Castellanos, abordou a incidencia deste insecticida organoclorado tóxico e as xestións realizadas pola Xunta ante a súa presenza no Porriño.

Así mesmo, lembrou que este mes o Consello de Ministros aprobou a concesión dunha axuda directa de 1 millón de euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para traballos de control e vixilancia da contaminación de chans pola produción de lindano en Sabiñánigo.

En canto á situación no Porriño, a directora xeral defendeu que a solución ante a contaminación no Porriño “non pode nin debe ser asumida en soidade” pola Xunta. No entanto, lamentou que permanezan pendentes proxectos como a retirada de residuos da pista do Contrasto, a mellora da cela de seguridade e a definición dun tratamento de descontaminación definitivo para novos focos que poidan identificarse.

Fronte a iso, resaltou que o Goberno galego consignou máis de 6,5 millóns de euros á posta en macha de actuacións para analizar esta situación.