O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitouse este martes polo aval que, ao seu xuízo, deu a ministra de Industria, Reyes Maroto, ao proxecto do vehículo conectado “que encabeza o Concello de Vigo e a Zona Franca de Vigo”, e proclamou que é “unha magnífica noticia para a cidade”.
Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico afirmou que Reyes Maroto “deu un respaldo total ao PERTE que encabeza o Concello e a Zona Franca de Vigo” e avalou “ese proxecto para o vehículo eléctrico e conectado “e coa presenza de Stellantis”, no que tamén participan os concellos de Castelló, Valladolid e Zaragoza, así como os gobernos autonómicos de Castela e León, Aragón, Comunidade Valencia e Cataluña; a Zona Franca de Barcelona; e a DXT.
“Saúdoo con entusiasmo”, afirmou o alcalde, quen mostrou a súa satisfacción por ese “apoio con fondos Next Generation”. Así mesmo, convidou “” á Xunta a que “se incorpore plenamente a este PERTE”.