InicioVigo e contornaVigoPiden un ano de prisión para os responsables da sobrevenda de billetes...

Piden un ano de prisión para os responsables da sobrevenda de billetes ás Cíes

O caso aconteceu en 2017 e será acollido polos xulgados de Vigo este xoves.

PUBLICADO O

O Xulgado do Penal número 3 de Vigo acollerá este xoves a vista de conformidade relativa á causa penal contra unha naviera pola sobrevenda de billetes para acceder ás Illas Cíes no verán de 2017. Segundo recolle no seu escrito de acusación o Ministerio Fiscal, a naviera Nabia tiña unha autorización para o desembarco de visitantes no arquipélago para o período de 2017, pola que se fixaba un número máximo de pasaxeiros diarios.

Con todo, “co fin de obter un beneficio económico de carácter ilícito”, a naviera vendeu billetes para “facilitar o transporte de máis pasaxeiros que os autorizados“.Así, o día 11 de xuño de 2017, “expediu e vendeu a particulares varios billetes por importe de 111 euros” cuxo código de acceso ás illas elaborouse “mendazmente”, séndolle incoado pola Xunta de Galicia un expediente disciplinario como consecuencia.

Por iso, a Fiscalía considera á naviera e o seu xerente autoras de catro delitos de falsidade en documento oficial en concurso ideal con catro delitos leves de estafa cun delito continuado de estafa, nos que contempla a atenuante de dilacións indebidas por paralizarse a causa en 2019 e durante a pandemia. Así, reclama un ano de prisión para a xerente que se substitúe por multas de 6.480 euros e outros 1.000 euros para a empresa.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...