InicioSociedadeFaise viral unha multa "sen sentido" en Vigo: "Señor Caballero, págueme o...

Faise viral unha multa “sen sentido” en Vigo: “Señor Caballero, págueme o taxi”

A Policía Local de Vigo retiroulle o vehículo da zona de carga e descarga ás 3.21 horas, en horario permitido, segundo explica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O músico e político José Manuel Pérez Afonso vén de ser protagonista dunha multa que se está facendo viral nas redes sociais debido á súa “incongruencia” e “falta de sentido”. Segundo denuncia a través dunha publicación de Facebook, a Policía Local de Vigo retiroulle o vehículo da zona de carga e descarga onde o tiña aparcado, se ben estaba en horario permitido, fóra das 8.00 horas e ata as 20.00 horas – franxa na que si está prohibido estacionar -.

Con retranca, o militante de Podemos e que foi membro da coordinadora de Lugonovo, asegura na súa mensaxe que entende “que hai que recadar para pagar as luces de Nadal, señor Abel Caballero, pero levarme o coche ás 03:21 dunha zona de carga e descarga…”. “Por riba, nin aviso nin nada”, prosegue na súa denuncia. Pérez Afonso, xa canda a Policía Local logo de coller un taxi, asegura que as persoas que o atenderon non lle quixeron dar explicacións: “Estaba mal aparcado, a nós chamáronnos e fomos”, indica que lle comentaron os axentes.

Finalmente, e logo de falar con diferentes persoas, o Policía quixo saír do paso dicíndolle que alí aparcado, “o coche molestaba ao camión do lixo”. “Eu recollo a denuncia e descúlpome. ‘Non se preocupe, recurrirei e gañareina’. A chantaxe institucional está moi fea, dixenlle antes de meterme no coche e marchar traballar”, remata por explicar o denunciado. “Señor Abel Caballero, págueme o taxi”, zanxa.

ÚLTIMAS

Caballero insiste: “Louzán ten que dicir que Vigo é sede do Mundial 2030”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este luns en que o presidente da Real Federación...

Achan na costa de Cádiz neveiras e un colector do buque que se refuxiou en Vigo tras un corremento de carga

Salvamento Marítimo coordinou durante esta fin de semana un amplo dispositivo en augas do...

OPINIÓN.- Burla verde en Samil. O greenwashing Caballero

Óscar Pazos R. Ecoloxistas de Galiza Atlántica e Verde A chamada 'Recuperación del sistema dunar...

Piden 18 anos de cárcere para dous homes que violaron e gravaron a agresión a unha nova de 18 anos en Vigo

A Fiscalía pide máis de 15 anos de cárcere para dous homes acusados de...