InicioVigo e contornaVigoSorprenden a dous homes conducindo sen carné en Vigo no mesmo día

Sorprenden a dous homes conducindo sen carné en Vigo no mesmo día

Foron denunciados pola Policía Local.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local denunciaron por supostos delitos contra a seguridade viaria a dous homes que foron sorprendidos ao volante en Vigo no mesmo día a pesar de carecer de permiso de condución.

Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar este martes sobre as 20,29 horas, cando unha patrulla que realizaba labores de control na avenida de Madrid deu o alto ao condutor dun turismo, F.A.C., de Vigo e 39 anos de idade, para realizar trámites mediante unha consulta coa base telemática de tráfico. Deste xeito, os axentes comprobaron que este home carecía permiso de condución dado que perdera a súa vixencia por sanción grave, polo que o denunciaron.

Por outra banda, sobre as 23,45 horas, outra unidade deu o alto ao condutor dunha motocicleta que circulaba pola rúa Isabel II, un home venezolano de 29 anos, G.A.M.G. Dado que o acceso está restrinxido a usuarios dun garaxe da zona, os policías comprobaron os seus datos para coñecer se residía no lugar.

Debido a que se trataba dun condutor estranxeiro que non obtivera o permiso en España non lle constaba ningunha incidencia. Ademais, os axentes comprobaron que nunca obtivera permiso de condución, o que este home confirmou. Como consecuencia, foi denunciado por un suposto delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...