InicioCulturaLove os Lesbian presenta novo disco en Vigo

Love os Lesbian presenta novo disco en Vigo

Levará as cancións de Viaje Épico Hacia la Nada ata o Auditorio Mar de Vigo o 11 de decembro.

PUBLICADO O

O grupo catalán Love of Lesbian presentará o seu novo álbum, ‘V.E.H.N. (Viaje Épico Hacia la Nada)’, no Auditorio Mar de Vigo o próximo 11 de decembro. Deste xeito, o grupo regresará á cidade olívica, onde participou no Festival TerraCeo durante o verán de 2020, segundo trasladou o Auditorio Mar de Vigo.

Love of Lesbian representa o grupo español con máis proxección en Latinoamérica ata o momento e acumula nove álbums de estudo desde que comezou a súa actividade en 1997. En concreto, este concerto enmárcase na xira de presentación do novo traballo da banda catalá, ‘V.E.H.N.’, que supón a continuación do disco co que foi nomeada aos Premios Grammy Latino en 2017, ‘El poeta Halley’.

Así mesmo, os días 12 e 13 de novembro, o auditorio acollerá os concertos de Travis Birds e Mr. Kilombo no marco da Edición Atlántica 2021 do ciclo Momentos Alhambra Acustiquísimos. Posteriormente, subiranse ao escenario Los Zigarros (4 de decembro), Mikel Erentxun (22 de xaneiro) e The Eels (12 de abril). As entradas para estes eventos poden adquirirse a través da plataforma web Teuticket.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...