InicioVigo e contornaVigoA Policía Local de Vigo poñerá o foco nos patinetes para que...

A Policía Local de Vigo poñerá o foco nos patinetes para que non circulen pola beirarrúa

Inician unha campaña que se estenderá ata o 7 de novembro.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo iniciará unha campaña para evitar a circulación de patinetes eléctricos en espazos peonís e que levará a cabo ata o próximo 7 de novembro. En declaracións remitidas aos medios, o alcalde, Abel Caballero, explicou que, deste xeito, búscase sumarse á campaña realizada pola Dirección General de Tráfico (DGT) para previr a circulación destes vehículos de mobilidade persoal na beirarrúa. Así, incidiu na importancia de que “cumpran as normas de circulación” e lembrou que non poden transitar por beirarrúas e vías peonís, xa que deben limitarse aos carrís bici ou a calzada.

COLEXIOS PÚBLICOS

Por iso, avanzou que a Policía Local levará a cabo unha campaña de sensibilización e control sobre ciclistas e persoas que viaxen nestes vehículos ata o próximo 7 de novembro. Noutra orde de cousas, o rexedor asegurou que o Concello “inviste unha cantidade moi significativa” en colexios públicos de educación primaria situados na cidade e que cifrou en 7 millóns de euros anuais destinados a subministracións, limpeza, obras e tarefas de vixilancia.

Neste sentido, sinalou que este ano se destinaron 2 millóns de euros a traballos de renovación, mantemento e cubrimiento de espazos en colexios “a pesar de que o 70% destes gastos son competencia da Xunta”. Así, volveu a denunciar o “abandono” da Administración autonómica a estes centros, que contrapuxo coas 80 actuacións impulsadas polo goberno local en 40 deles.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...