InicioMedio Ambiente e PatrimonioPolicía Local de Vigo rescata unha garza real envelenada e desorientada no...

Policía Local de Vigo rescata unha garza real envelenada e desorientada no río Lagares

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo rescataron un exemplar de garza real, que se atopaba ferida e atrapada no río Lagares, preto da chamada ‘Ponte Romana’ da Avenida de Portanet.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos producíronse na tarde do pasado venres, cando o 092 recibiu unha chamada dun veciño, alertando de que había unha ave ferida na zona da ponte.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Unidade Ambiental de Intervención Rural (Umir), que localizaron á garza real atrapada no río Lagares. O animal parecía ferido e desorientado, polo que a Policía baralla a posibilidade de que sufrise un envelenamento.

Tras proceder á súa recollida, a garza foi trasladada a dependencias policiais, para o seu posterior traslado por persoal de Centro de Recuperació de Cotobade.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...