InicioEconomíaO alcalde, Marea de Vigo e BNG ven un "abandono" á urbe...

O alcalde, Marea de Vigo e BNG ven un “abandono” á urbe en orzamentos da Xunta

O PP é o único que valorou o investimento previsto polo goberno galego, mentres que o Estado "reparte esmolas", di.

PUBLICADO O

O alcalde da urbe olívica, Abel Caballero, e o concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, lamentaron o “abandono” á cidade dos orzamentos da Xunta para 2022, mentres o portavoz do Grupo Municipal do PP, Alfonso Marnotes, valorou o investimento previsto. Ademais, o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez criticou que “volvan incluír propostas de investimentos” reflectidos en anos anteriores que “finalmente quedan sen executar”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor reprobou que “a partida máis importante” recollida nos orzamentos para o próximo ano ascenda a case 65,4 millóns de euros para a concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, cuxa participación maioritaria corresponde ao fondo francés de infraestruturas Meridiam. “Ese é o orzamento da Xunta para Vigo, darlle un inmenso negocio a un fondo francés”, censurou.

Así, afirmou que estes representan “os peores presupostos que en toda a historia fixo a Xunta para esta cidade”. “Nunca tivemos uns orzamentos que desatendesen tanto a Vigo”, denunciou Abel Caballero, que se preguntou “que van facer todos os vigueses próximos ao PP” ante o que cualificou como “un insulto” para a urbe. Nesta liña, asegurou que “en política social non aparece nin un só euro” procedente da Xunta para a cidade, pero “si investimentos do Goberno”. “Todo o que aparece dos fondos de recuperación, transformación e resiliencia, é Pedro Sánchez”, proclamou o alcalde en referencia a este plan financiado con fondos europeos de recuperación.

Así mesmo, incidiu en que nas partidas para o próximo ano “non aparece ningún investimento na residencia de Teis” proxectada polo Executivo autonómico neste barrio dado que a Fundación Amancio Ortega asumirá o seu financiamento. Tamén considerou insuficiente a dotación de 25.000 euros para a sede do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAG) na cidade. “A esta velocidade, se teñen que investir un millón (de euros), tardan 40 anos”, advertiu o alcalde.

GRUPOS DA OPOSICIÓN

Mentres, o portavoz do Grupo Municipal do PP puxo en valor que “a Xunta será de novo a administración que máis invista en Vigo con máis de 160 millóns de euros”, o que contrapuxo con que “o Estado non vaia repartir máis que esmolas” na cidade e “o Concello non sexa capaz de gastar o que recada dos vigueses”. Fronte a iso, o edil popular sinalou que o Goberno galego “continuará investimentos xa en marcha”.

O portavoz de Marea de Vigo resaltou a “disparidade entre as prioridades orzamentarias do Goberno”, que inclúen “un incremento notable de partidas de cobertura social”, e as da Xunta, que “consignan unha partida importante de recursos estruturais de procesos de privatización levados a cabo polo PP”. Ademais, criticou que as transferencias do Goberno para establecer un “escudo” social “non ven reflectidas” nas contas autonómicas.

Pola súa banda, o concelleiro nacionalista denunciou a “política de total abandono da principal cidade de Galicia” que levan os orzamentos presentados no Parlamento galego para o próximo ano. Deste xeito, resaltou que “non reforzan os servizos públicos”, “desatenden necesidades infraestruturarales” e “queren perpetuar o modelo privatizador e de recortes que converteu a Vigo na zona cero do refugallo sanitario en Galicia”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...