InicioSociedadeOs reis visitarán a escola de Tui o próximo 28 de outubro...

Os reis visitarán a escola de Tui o próximo 28 de outubro premiada pola Fundación Princesa de Girona

Está previsto que os reis coñezan as aulas do centro nunha xornada que será retransmitida pola 'radio educativa' coa que conta a escola.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os reis de España visitarán o vindeiro xoves 28 de outubro o Centro Rural Agrupado Mestra Clara Torres do municipio pontevedrés de Tui, recoñecido en 2020 co Premio Escola do Ano que entrega a Fundación Princesa de Xirona.

Segundo informou a propia fundación, as súas maxestades coñecerán o centro tudense, premiado pola súa “integración do valor da solidariedade nas súas actividades formativas e pola súa capacidade de transformación educativa”.

O xurado recoñeceu no seu fallo que o CRA de Mestra Clara Torres constitúe “un exemplo de dinamización en contornas rurais, a través da participación e implicación das familias e dos membros da comunidade da que forman parte“.

Así, durante a súa visita, está previsto que os reis coñezan as aulas do centro nunha xornada que será retransmitida pola ‘radio educativa’ coa que conta a escola.

As súas maxestades farán entrega aos responsables do centro educativo do galardón que os considera ‘Escola do ano’, simbolizado nunha escultura do artista plástico Juan Zamora na que representa un libro aberto.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...