InicioVigo e contornaVigoO Meixoeiro quedará a medio gas por obras en varias unidades

O Meixoeiro quedará a medio gas por obras en varias unidades

A área sanitaria de Vigo anuncia a inhabilitación de varias áreas para mellorar a climatización do recinto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Ponte, avanzou que “en tres semanas” iniciaranse obras de climatización no Hospital Meixoeiro que levarán a inhabilitación de varias unidades de hospitalización para evitar “molestias” aos ingresados e profesionais sanitarios.

Preguntado tras unha rolda de prensa, apuntou que, ata o momento, só se dispoñía de climatización en certas áreas do centro. Así, resaltou que os traballos que levarán a cabo, que xa foron adxudicados e suporán un custo de 3,7 millóns de euros, permitirán estendela a “todas as unidades de hospitalización”.

Así mesmo, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, resaltou que os orzamentos do Goberno galego para 2022 contemplan un investimento de máis de 16 millóns de euros en infraestruturas sanitarias da área olívica e que 7 millóns desta cantidade destinaranse a centros de saúde.

 

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...