InicioVigo e contornaVigoAprazan a vista contra o acusado de agredir sexualmente a un neno...

Aprazan a vista contra o acusado de agredir sexualmente a un neno nun parque de Vigo

Piden seis anos de cárcere.

PUBLICADO O

A Audiencia Provincial de Pontevedra acordou aprazar ata o 22 de outubro o xuízo previsto para este venres na sección quinta (con sede en Vigo), contra un home acusado de agredir sexualmente a un menor nun parque da cidade, e para o que a Fiscalía pide 6 anos de prisión.

A vista estaba sinalada para este venres, pero a defensa solicitou o adiamento para dar algo de tempo ao seu representado co fin de que poida reunir parte da indemnización que se lle reclama, e ter así oportunidade de pactar unha sentenza de conformidade (que suporía unha rebaixa na pena e mesmo evitar o ingreso en prisión).

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos sucederon na tarde do 16 de xuño de 2018, cando o acusado se achegou a un banco situado nunha zona de facer exercicio dun parque de Vigo. No banco estaba sentado un menor e o procesado sentou ao seu lado, establecendo conversación con el.

O neno non lle respondeu nin lle fixo caso pero, nun momento determinado, o home colleuno dunha man pola forza e obrigouno contra a súa vontade a sentar noutro banco do parque, que estaba á sombra.

Unha vez alí, sen soltalo, ameazoulle con que o mataría se gritaba e comezou a tocarlle os xenitais, primeiro por encima da roupa e logo por dentro, tratando de masturbarlo. O neno díxolle entón que tiña ganas de ouriñar e o acusado soltouno, o que aproveitou a vítima para saír correndo e fuxir.

Por estes feitos, o ministerio público acúsao dun delito de agresión sexual sobre un menor e pide para el 6 anos de cárcere, ademais de que se lle prohiba achegarse ou comunicarse co neno durante outros 6 anos. Así mesmo, reclama que indemnice á vítima en 6.000 euros por danos morais.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...