InicioPolíticaAbel Caballero reclama a gratuidade en escolas infantís "xa o 1 de...

Abel Caballero reclama a gratuidade en escolas infantís “xa o 1 de xaneiro” e que inclúa comedor

O presidente da Xunta anunciou esa medida no Debate do Estado da Autonomía, no que avanzou que as escolas infantís serán gratis xa desde o primeiro fillo a partir do próximo curso.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que aplique a gratuidade anunciada para as escolas infantís “xa o 1 de xaneiro” de 2022 e non espere ao comezo do próximo curso, e que inclúa tamén nesa medida o custo do comedor deses centros.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que, nas gardarías municipais, hai un 60 por cento de usuarios que non pagan nin pola escola nin polo comedor. Por iso, pediu á Xunta que, se implanta a gratuidade, fágao nesas mesmas condicións.

O presidente da Xunta anunciou esa medida no Debate do Estado da Autonomía, no que avanzou que as escolas infantís serán gratis xa desde o primeiro fillo a partir do próximo curso. Segundo sinalou Feijóo, esa medida estenderase a todas as gardarías, incluídas as municipais, sempre que estean ao corrente de pago co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

No caso de Vigo, o cofinanciamento das escolas infantís da Xunta está nos tribunais, xa que o Concello recorreuna por considerar inxusta a liquidación que debe pagar polos servizos (segundo acordouse no seo do Consorcio).

De feito, o goberno vigués tamén levou ao xulgado o cofinanciamento dos centros de día autonómicos e xa hai tres sentencias que deron a razón á administración galega. Segundo fontes do Goberno galego, nestes momentos a ‘débeda’ do Concello de Vigo co Consorcio é duns 400.000 euros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...