InicioVigo e contornaPeinador, o aeroporto galego que máis pasaxeiros recupera con respecto a 2020

Peinador, o aeroporto galego que máis pasaxeiros recupera con respecto a 2020

Con todo, segue experimentando unha caída substantiva en relación a 2019.

PUBLICADO O

O aeroporto de Santiago de Compostela reduciu un 17,1% os seus pasaxeiros en setembro deste ano en relación co mesmo período de 2019 (antes da pandemia), ata 233.216, mentres que o de Vigo rexistrou unha caída do 27,1% (67.649) e o da Coruña, do 38,9% (74.344). Se a comparativa se realiza con setembro de 2020, os tres experimentan incrementos relevantes, segundo os datos de Aena: do 145,6% no Rosalía de Castro, do 158,8% en Peinador e do 116,3% en Alvedro.

No acumulado de xaneiro a setembro, o tres terminais acumulan descensos de máis do 50% con respecto a 2019, pero aumentos en comparación con 2020. En canto ás operacións, baixaron un 26,5% na Coruña respecto de setembro de 2019, un 13,6% en Santiago e un 3,5% en Vigo. Tamén diminuíron (un 7,2%) na Coruña en relación a este mes de 2020. No entanto, subiron un 46,4% na capital galega e un 83,8% en Vigo.

Pola súa banda, tanto Rosalía de Castro como Peinador anotáronse incrementos do movemento de mercadorías tanto na comparativa con setembro de 2019 como coa de 2020. Na Coruña caeron respecto de hai dous anos pero incrementáronse en relación con 2020.
5 de outubro.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...