InicioVigo e contornaVigoAs Anpas de Vigo anuncian mobilizacións polos recortes da Xunta

As Anpas de Vigo anuncian mobilizacións polos recortes da Xunta

Aseguran que "entre o 60 e o 80%" dos centros precisan reforzo de profesorado para alumnado con necesidades especiais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Olívica de Anpas (Foanpas), que aglutina a máis de 80 asociacións de nais e pais de centros educativos de Vigo e a súa área, iniciará este xoves un calendario de mobilizacións para denunciar os recortes da Consellería de Educación nos colexios, facendo especial fincapé nos problemas de atención a alumnos con necesidades especiais.

Segundo trasladou a presidenta de Foanpas, Iria Salvande, nunha rolda de prensa celebrada este mércores na cidade olívica, os recortes nos centros educativos “son xeneralizados” no que respecta ao profesorado e, con respecto aos estudantes con necesidades especiais, a entidade calcula que, “entre o 60 e o 80 % dos centros” da cidade necesitan reforzo de profesionais de Pedagoxía Terapéutica ou Audición e Linguaxe.

Ademais desas necesidades, existen outras carencias nos colexios, e puxo como exemplo a Escola de Educación Infantil Hernán Cortés, que “só dispón dun profesor de Inglés e só vai un día á semana”; os problemas no transporte para os alumnos do CEIP San Salvador; a agrupación de cursos noutro CEIP; ou a “saturación” no IES Santo Tomé, con aulas de máis de 30 alumnos.

Por iso, este xoves iniciarán un calendario de mobilizacións, comezando polo CEIP Alfonso D.R.Castelao de Navia, cuxa Anpa criticou a falta de profesorado especializado a pesar de que, este curso, aumentaron os alumnos con necesidades especiais. De feito, o seu presidente, Juan Santos, apuntou que o número de escolares que necesitan ese apoio pode roldar o 30 % do total de alumnos.

Desde Foanpas criticaron a falta de solucións por parte da Consellería de Educación, e advertiron de que a administración non pode ampararse no catálogo do curso pasado para decidir os recursos, porque no curso actual “hai máis alumnos”. En todo caso, explicaron que están a elaborar un informe cos datos achegados por todas as Anpas para coñecer as necesidades e reforzos que necesitan, e trasladalas á Consellería de Educación.

ÚLTIMAS

Cinco feridos nun accidente en Mos

Cinco persoas resultaron feridas na mañá deste sábado ao chocar frontalmente dous vehículos no...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...