InicioVigo e contornaVigoAndrés Suárez volve a Vigo despois da polémica do seu concerto cancelado

Andrés Suárez volve a Vigo despois da polémica do seu concerto cancelado

O artista ferrolá desembarca na cidade olívica xunto con Guadi Galego para dar senllos concertos nun novo ciclo "con sabor a mar".

PUBLICADO O

A escea musical galega comeza a revitalizarse. Coincidindo co anuncio da Xunta de Galicia de que este mesmo mes de outubro poderían caer todas as restricións pandémicas, veñen de anunciar a creación nun novo ciclo de concertos que achegarán as principais figuras de Galicia cun dos seus focos na cidade de Vigo.

Porto Maresía preséntase así “un novo ciclo de concertos con sabor a sal” que se repartirán entre a cidade olívica e a Coruña. Terá lugar entre o 25 e o 28 de novembro, achegando catro noites de directos que estarán coroadas polos Herdeiros da Crus, Ortiga, Andrés Suáres e Guadi Galego.

No caso vigués, o Teatro Afundación acollerá dúas actuacións de grandes solistas: Andrés Suárez regresará á cidade portuaria o sábado 27, ás 21.00h, co seu imponente directo; e, o domingo 28, ás 19.30h, Guadi Galego presentará o seu último disco, Costuras, que a organización define como “unha xoia de letras maduras e atrevidas melodías coas que xera texturas únicas dentro do pop”.

Para a Coruñesa, no auditorio do Palexco, quedará o rock irreverente dos Heredeiros da Crus, que fará un repaso en acústico do seu repertorio, no marco da Xira Angústica, o xoves 25 de novembro, ás 21.00h; mentres que Ortiga presentará o venres 26, ás 21.00h, tamén no escenario coruñés, o seu segundo traballo, Sabes el camino que elegí, con sabor a música urbana, pop tropical e autotune

As entradas para os catro concertos de Porto Maresía estarán a disposición do público a través da plataforma online Ataquilla.com a partir deste venres, 8 de outubro, ás 10.00h

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

Tres detidos en Vigo por presunta vinculación cun atraco bancario

Polo menos tres persoas foron detidas na mañá deste martes en Vigo pola súa...