InicioEconomíaAbel Caballero: "É o momento de transferir competencias aos municipios"

Abel Caballero: “É o momento de transferir competencias aos municipios”

É "a forma de mellorar a atención á cidadanía", asegura Abel Caballero.

PUBLICADO O

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, defende que as administracións autonómicas transfiran competencias aos gobernos locais para “mellorar a atención a cidadáns”. “Os concellos somos a entidade que presta os servizos coa mellor calidade, na proximidade e no diálogo permanente cos cidadáns”, reivindica o tamén alcalde de Vigo, que contrapón esta situación con que “as comunidades autónomas cada vez se afasten máis”.

Por iso, considera que “é o momento” dunha transferencia de competencias desde as administracións autonómicas ás locais. Ademais, sinala que resulta preciso pór fin ao “novo centralismo”, que, ao seu xuízo, aplican algúns gobernos autonómicos e permitir que os recursos cheguen aos municipios para manter a prestación de servizos á cidadanía.

Neste sentido, o presidente da FEMP defenderá a necesidade dunha “segunda descentralización” durante a súa intervención no acto institucional organizado polo Concello de San Fernando (Cádiz) para conmemorar o 211 aniversario das Cortes Xerais e Extraordinarias de 1810 e que terá lugar este venres.

Tras máis de dous séculos das Cortes que promulgaron a Constitución de 1812, Caballero subliña a importancia das cidades “na España moderna” do século XXI. Previamente, na tarde deste xoves, Abel Caballero participará nunha reunión cos máximos órganos de goberno da Federación Andaluza de Municipios e Provincias, pertencente á FEMP, na mesma localidade gaditana.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...