Vigo acollerá un festival de blues e jazz con artistas internacioanis

O Bluefest terá lugar este mes de outubro.

Orquesta de Jazz do Porto/ Concello de Cangas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que a cidade acollerá en outubro un festival de música ‘blues’ e ‘jazz’, Bluefest, no que participarán artistas nacionais e internacionais. Segundo detallou este venres o rexedor nunha rolda de prensa, o evento terá lugar no Auditorio Mar de Vigo durante os próximos días 22 e 23 de outubro. En concreto, o cartel inclúe as actuacións de Zenet, Os manbo jambo, Myles Sanko e Koko Jean & The Jonics, e as entradas poden adquirirse a través da páxina web de Teuticket.

Por outra banda, avanzou que, entre este domingo e o vindeiro mércores, un total de 10 grupos seleccionados no marco do certame II Desafío Audiovisual Illas Cíes desprazaranse ao arquipélago para desenvolver proxectos fotográficos e de vídeo. Posteriormente, disporán dun prazo dun mes para elaborar e presentar os seus proxectos definitivos.

Paralelamente, indicou que o próximo 15 de outubro terá lugar o encontro Cíes Talent Meeting, que buscará reunir aos artistas implicados nesta iniciativa e o I Certame de Arte Urbana Cíes Talent.VAdicionalmente, o rexedor olívico volveu a acusar o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, de “paralizar” a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade da Unesco.

En todo caso, considerou que “o mellor é que non fixesen nada” debido a que “na Ribeira Sacra fixeron algo” e “a Xunta liquidouna como Patrimonio da Humanidade para sempre”. Así, volveu a lamentar que “ninguén asumise responsabilidades” polo adiamento da presentación dunha proposta á que reiterou o seu “respecto”.

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade non foi remitida á Unesco este ano para a súa avaliación. O adiamento foi acordado en xuño pola Xunta e o Estado para “reforzala” despois da emisión dun informe por parte do Incomos no que este órgano asesor da entidade da ONU cuestionaba algúns aspectos da proposta.