InicioVigo e contornaVigoCinco anos de cárcere para o vigués que golpeu unha muller cunha...

Cinco anos de cárcere para o vigués que golpeu unha muller cunha barra de ferro na cabeza

"Fago isto porque o merece, por chulearme", apuntou no momentos dos feitos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un sexagenario de Vigo aceptou unha pena de 5 anos de cárcere como autor dun delito de intento de homicidio, por golpear na cabeza a unha amiga cunha barra de ferro, e iso en presenza do fillo menor de idade dela. Así se acordou este mércores na vista de conformidade celebrada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Deste xeito, José P.D. aceptou a pena de 5 anos de prisión, ademais da medida de afastamento e prohibición de achegarse á vítima durante 10 anos. De feito, durante a vista o procesado non só aceptou esa década de afastamento, senón que mesmo proclamou: “Coma se son 30 anos”. O acordo de conformidade tamén contempla que José indemnice á vítima en 21.000 euros. Inicialmente, a Fiscalía pedía 9 anos de cárcere, afastamento por 10 anos e indemnización de 20.000 euros.

FEITOS

Segundo reflíctese no escrito de acusación pública, o acusado e a vítima tiñan unha relación de amizade “próxima” e, ás 6,00 horas do día 16 de abril de 2019, ambos dirixíronse ao inmoble no que vivía ela.

Unha vez alí, e sen que se coñezan as causas, o acusado colleu unha barra de ferro e golpeou por detrás á súa amiga, polo menos en 5 ocasións, alcanzándolle a cabeza. O fillo dela presenciou os feitos e, cando lle pediu ao acusado que deixase de golpear á súa nai, este respondeulle: “Fago isto porque o merece, por chulearme”. A continuación, fuxiu do lugar nun coche.

Cando a Policía acudiu, atopouse á muller sangrando abundantemente pola cabeza, polo que avisou a unha ambulancia, que a trasladou ao Hospital, onde permaneceu ingresada catro días. O home foi detido ao día seguinte na estación de tren de Ourense.

ÚLTIMAS

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo,...

Un helicóptero rescata un escalador ferido grave tras caer uns 12 metros no monte do Galiñeiro

Un escalador resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída duns 12...

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...

Reabre un carril da AP-9 en Mos tras o envorco dun camión con 32.000 litros de gasóleo

O carril esquerdo da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, no termo municipal...