InicioVigo e contornaVigoAs eleccións ao parlamento ruso xóganse en Vigo

As eleccións ao parlamento ruso xóganse en Vigo

O consulado do país, situado na cidade olívica, recollerá o voto dos seus emigrados este domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os cidadáns rusos residentes en Galicia poderán votar este domingo, 12 de setembro, na sede consular de Vigo ás eleccións da Cámara Baixa da Asemblea Federal do seu país. Deste xeito, a sede consular de Vigo habilitará cabinas e urnas para que os cidadáns rusos poidan exercer anticipadamente o seu dereito de voto con todas as garantías.

O procedemento de votación levará a cabo por membros da mesa electoral constituída na Embaixada da Federación de Rusia en España. A xornada electoral terá lugar en horario de 8,00 a 20,00 horas. Os cidadáns rusos que non poidan votar na sede consular en Vigo o 12 de setembro, poderán exercer o seu dereito de voto na Embaixada de Rusia en Madrid (rúa Velázquez, 155) o próximo 19 de setembro.

“Facemos todo o posible para que as nosas institucións no estranxeiro brinden todas as oportunidades necesarias para que os compatriotas exerzan o seu dereito de voto. Estamos interesados en que o maior número posible dos nosos cidadáns que viven no estranxeiro acudan ás urnas e voten polo partido que, na súa opinión, mellor reflicta os seus intereses”, sostén o ministro de Asuntos Exteriores da Federación de Rusia, Serguéi Lavrov.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...