InicioVigo e contornaA área de Vigo queda con 581 casos tras baixar en 121

A área de Vigo queda con 581 casos tras baixar en 121

Rexistra sete pacientes en UCI, sen cambios.

PUBLICADO O

Os casos activos de covid baixan en Galicia dos 4.000, concretamente rexístranse 3.986 infeccións e os novos contaxios volven estar por baixo dos 150. Ademais, a taxa de positividad é do 4,38% –por baixo do 5% que marca a OMS– e a presión hospitalaria continúa coa súa lixeira tendencia ao alivio, con oito hospitalizados menos.

Así, segundo a información notificada polo Sergas na tarde deste venres (con datos solicitados ata o xoves), nas últimas horas confirmáronse 146 novos contaxios por este coronavirus, o que supón 30 casos menos que os notificados a xornada anterior.

Por áreas, na da Coruña detectáronse 51 novos contaxios, en Santiago hai 18 casos novos; na área de Vigo notificáronse 24 contaxios; na de Lugo, 27 contaxios; na de Ourense, 15 casos máis; na área sanitaria de Pontevedra foron oito casos novos; e na de Ferrol rexistrouse tres contaxios novos.

No balance deste xoves, Sanidade informa de que Galicia conta con 3.986 persoas coa infección por Covid activa, o que supón 807 casos menos que os notificados o xoves. Por áreas, o maior número de enfermos está na da Coruña, con 1.064 casos (161 menos), seguida por Lugo, con 803 casos (147 menos); na área de Santiago hai 670 casos activos (203 menos). Vigo, polo seu lado, sitúase con apenas 581 casos tras baixar en 121.

SETE PERSOAS EN UCI

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas descenderon os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, aínda que só en unidades convencionais.

Así, as unidades convencionais de hospitalización contan con 109 pacientes (oito menos que hai un día), mentres que en UCI continúan ingresados 43 pacientes: 13 na área da Coruña (-1), sete na área de Vigo (sen cambios), cinco na área de Ferrol (sen cambios), oito na de Ourense (sen cambios), catro pacientes en UCI na área de Pontevedra (sen cambios) e cinco en Lugo (+1), mentres que en Santiago queda un paciente en críticos (sen cambios).

En canto ás camas ocupadas en ‘planta’, descende ou se mantén o número en todas as áreas. Así, na área da Coruña son 29 os hospitalizados en planta (sen cambios); na de Ferrol, nove (-2); na de Pontevedra, cinco (sen cambios); na de Lugo, 17; na de Santiago, 16 (-1); na de Ourense, 16 (-1) e na de Vigo, 17 (-1)

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...