InicioA Policía Local e Garda Civil reforzarán control en zonas de lecer...

A Policía Local e Garda Civil reforzarán control en zonas de lecer nocturno de Salceda

O motivo son as aglomeracións nocturnas en áreas de lecer.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A subdelegación do Goberno na provincia de Pontevedra e o Concello de Salceda de Caselas acordaron o reforzo do control e a vixilancia por parte de Policía Local e Garda Civil nas zonas de lecer nocturno da localidade, tras rexistrarse importantes aglomeracións de xente os últimos fins de semana.

Así se acordou na reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade, celebrada a petición do Concello, despois de que os últimos fins de semana detectouse a presenza de numerosas persoas, tras o peche dos locais de lecer, na zona da rúa Pontevedra, causando mesmo problemas de descanso, polos ruídos, aos veciños.

Durante a reunión celebrada este xoves deseñáronse diferentes de dispositivos de coordinación e cooperación entre as forzas de seguridade para a realización de patrullas conxuntas, que velarán polo cumprimento das medidas sanitarias e as limitacións establecidas con motivo da pandemia de Covid.

Ademais destes operativos no centro urbano, a Garda Civil levará a cabo unha intensa vixilancia dos accesos á localidade mediante diferentes controis de drogas e alcol.

CRIMINALIDADE

Por outra banda, na Xunta Local de Seguridade de analizaron os datos de criminalidade de Salceda relativos ao sete primeiros meses do ano, nos que se rexistrou un descenso do 22 % no número de delitos con respecto ao mesmo período de 2019 (non se tivo en conta o ano 2020 pola situación extraordinaria de confinamento e estado de alarma).

En todo caso, a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, alertou de que, a pesar da baixada xeral no número de delitos, hai unha “preocupante suba” dos chamados ‘ciberdelitos’.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...