InicioSucesosRetíranlle un galardón do Concello de Vigo a un árbitro de baloncesto...

Retíranlle un galardón do Concello de Vigo a un árbitro de baloncesto condenado por abusos sexuais

O concelleiro de Deportes do consistorio olívico, Manel Fernández, afirmou que, "tendo coñecemento dos feitos que lle imputan, e que asumiu", o Concello quere expresar a súa "enérxica repulsa" e "máxima condena".

PUBLICADO O

O Concello de Vigo anunciou este luns que retira o recoñecemento e galardón outorgado a Jorge González Marqués como mellor deportista do ámbito de baloncesto de 2019, despois de que este fose condenado pola comisión de dous delitos de abusos sexuais, que el mesmo recoñeceu ante os tribunais.

O concelleiro de Deportes do consistorio olívico, Manel Fernández, afirmou que, “tendo coñecemento dos feitos que lle imputan, e que asumiu“, o Concello quere expresar a súa “enérxica repulsa” e “máxima condena”.

Segundo afirmou, o consistorio ou o resto de organizadores da Gala do Deporte “nunca” tiveron coñecemento deses feitos ata agora e “desde este momento” retirarase o título de mellor deportista de 2019 no ámbito do baloncesto a Jorge González.

En todo caso, Manel Fernández tamén quixo aclarar que o nomeamento desta persoa na Gala do Deporte non corresponde ao xurado nin á organización do evento, senón que foi achegada pola Federación Galega de Baloncesto, do mesmo xeito que as outras federacións deportivas trasladan as súas propostas de galardoados.

“O xurado non entra a valorar ás persoas“, insistiu, e avanzou que o Concello xa contactou con organizadores, patrocinadores e coa Federación Galega de Baloncesto para comunicar que se retira este título ao árbitro condenado.

Jorge González aceptou o pasado mes de xuño unha pena de dous anos de prisión (aínda que non ingresará no cárcere), tras recoñecer ante a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra que cometeu abusos sexuais sobre dúas nenas, alumnas do centro educativo no que traballaba como administrador.

Ademais desta pena, a Audiencia impuxo o afastamento das menores, a medida de liberdade vixiada durante 5 anos e a inhabilitación polo mesmo período para calquera oficio que teña relación con menores.

Segundo o propio condenado recoñeceu, realizou tocamentos a dúas irmás, ás que tocou o traseiro e o peito, aproveitando que quedaban ao seu cargo cando acudían á aula matinal e aínda non chegara a profesora encargada.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...