InicioSucesosDetida unha muller tras lanzar unha cadeira a persoal sanitario do PAC...

Detida unha muller tras lanzar unha cadeira a persoal sanitario do PAC da rúa Pizarro

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, J.D.C.J., de 29 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras ameazar supostamente á súa muller cun coitelo de cociña.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller, V.D.F., veciña da cidade de 42 anos de idade, como presunta autora dos delitos de desobediencia, resistencia e atentado contra axentes da autoridade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocurieron na madrugada deste venres, cando unha dotación que se atopaba na PAC da rúa Pizarro (esperando a que atendesen a un detido baixo a súa custodia) foi requirida pola facultativa de garda, que alertou de que unha muller estaba a causar altercados.

Os axentes entrevistáronse coa muller e comprobaron que estaba moi alterada, chegando a lanzar unha cadeira á doutora en presenza dos policías, ademais de proferir insultos cara aos profesionais sanitarios presentes.

A pesar das indicacións para que cesase na súa actitude hostil e abandonase o centro médico (posto que xa recibira atención), a muller continuou comportándose de modo violento, e proferiu insultos cara á os axentes, aos que deu lapotes e empuxóns, á vez que se negaba a marcharse, polo que foi detida.

DETENCIÓN POR AMEAZAR Á SÚA MULLER CUN COITELO

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, J.D.C.J., de 29 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras ameazar supostamente á súa muller cun coitelo de cociña.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste venres, cando o 092 recibiu unha chamada dun home que avisaba de que a súa muller quería denuncialo.

Unha dotación policial trasladouse á vivenda, na rúa Manuel Núñez, e entrevistouse con ambos os membros da parella. Así, a muller relatou que mantiveran unha discusión e que lle pediu ao seu marido que abandonase o domicilio.

Segundo a versión dela, o mozo negouse, alegando que “ninguén o ía a botar da súa casa” e que “polas boas non se ía”, e colleu un coitelo de cociña co que ameazou á súa muller. A vítima abandonou o domicilio por medo, e regresou pouco despois coa esperanza de que o seu marido estivese máis acougado.

Ante este relato, os axentes procederon á detención do home como suposto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...