InicioCulturaO XXIV Festival Internacional de Jazz de Cangas abrirá o domingo 22...

O XXIV Festival Internacional de Jazz de Cangas abrirá o domingo 22 de agosto

A entrada no recinto producirase por orde de chegada, polo que non será necesario reservar prazas, e as portas abriranse media hora antes do inicio dos concertos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Naves de Ojea acollerán, do 22 ao 25 de agosto, a XXIV edición do Festival Internacional de Jazz de Cangas, Canjazz, por cuxos escenarios pasarán artistas como A.Ou.F. Project, Cristina Montull Trío ou Enrique Oliver.

O certame repite emprazamento nesta edición, lonxe do habitual de Eirado do Costal, para poder garantir as restricións de aforamento e as medidas de prevención con motivo da pandemia de Covid. O festival contará con dous escenarios, un para os concertos das 22.00 horas, e outro para as actuacións de formato máis pequeno, que terán lugar ás 23,30 horas.

A entrada no recinto producirase por orde de chegada, polo que non será necesario reservar prazas, e as portas abriranse media hora antes do inicio dos concertos.

O festival abrirase o domingo 22 de agosto coa presentación de ‘Weird Tales’ de A.Ou.F. Project, banda liderada polo cantante e saxofonista Antonio Otero Fernández, e que se caracteriza polas súas creacións eclécticas e a súa liberdade compositiva. A continuación soará a música de Cristina Montull Trío, formación liderada por esta pianista e compositora catalá afincada en Asturias, e que bebe de referentes como Prokófiev, Charles Mingus ou Aaron Parks.

O luns 23 será a quenda para os holandeses Jesse Van Ruller (guitarrista) e Maarten Hogenhuis (saxofonista), que presentarán o seu próximo disco, que sairá á luz en setembro. A velada continuará con Guillermo Guerreiro Trío, formación integrada por tres novos músicos vigueses (Guillermo Guerreiro á guitarra, Juan Alonso ao contrabaixo e Juan Guerreiro na batería).

Na noite do martes 24, o saxofonista Enrique Oliver presentará o seu último traballo, ‘Incertezas’, un disco que inclúe dous ‘standards’ e oito composicións propias. A continuación, subirá ao escenario unha formación reunida para este festival, cos músicos Xurxo Estévez, Joan Saldaña, Wilfred Wilde e David Puime.

A última noite do festival, a do mércores 25, a pianista e cantante Lucía Fumero, acompañada polo seu trío, presentará o seu disco ‘Universo Normal’, con temas propios e cunha profunda raíz no folclore.

Clausúraa de Canjazz correrá a cargo de Humberto Cao Quartet, unha formación co violín e a voz como principais instrumentos, e cunha sonoridad que traslada ao público aos anos 50 do século pasado.

O programa de concertos completarase, ademais de con as ‘jam session’ ao final de cada xornada, cunha ‘masterclass’ a cargo de Jesse Van Ruller e Maarten Hogenhuism que se celebrará o luns 23 ás 16:00 horas, no Auditorio Municipal de Cangas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...