InicioSociedadeO CGPJ reforza o xulgado de cláusulas solo de Vigo

O CGPJ reforza o xulgado de cláusulas solo de Vigo

Tamén reforzará a sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, en execución do Plan Covid-19.

PUBLICADO O

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aprobou reforzar, polo menos ata o 31 de decembro, a sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, en execución do Plan Covid-19.

Fíxoo, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), con dúas comisións de servizo, en réxime de auto reforzo, a favor de Francisco Javier Menéndez Estébanez, presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra e da sección primeira do alto órgano provincial, e de Jacinto José Pérez Benítez, titular da sección primeira do mesmo órgano.

Esta medida de reforzo foi solicitada ao CGPJ o pasado 30 de xuño pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. De acordo ao plan de actuación do CGPJ, o presidente da Audiencia resolverá 27 asuntos mensuais, mentres que o outro maxistrado comisionado finalizará 31 procedementos ao mes, todos eles sobre recursos de apelación contra sentenzas ditadas en primeira instancia en materia de condicións xerais da contratación.

Ademais, a Comisión Permanente aprobou manter reforzado o Xulgado de Primeira Instancia número 14 de Vigo, con competencia para o coñecemento de maneira exclusiva e non excluínte de materia relativa ás condicións xerais incluídas en contratos de financiamento con garantías reais inmobiliarias cuxo prestatario sexa unha persoa física (entre outros, cláusulas solo).

A medida de apoio, que durará polo menos ata o 31 de decembro, consiste nunha comisión de servizo, sen relevación de funcións,a favor de Juan Carlos Carballal Paradela, titular do Xulgado de Instrución número 4 de Vigo, quen asumirá a resolución definitiva de 72 asuntos mensuais relativos a cláusulas solo. Este reforzo súmase aos outros existentes nese mesmo órgano xudicial.

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

Luz verde do Consello de Ministros á modificación que permite a conexión de moi alta tensión para Stellantis Vigo

O Consello de Ministros aprobou este martes a modificación puntual ao Plan de Desenvolvemento...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...