InicioCulturaSonDaRúa e Kase.O Jazz Magnetism soben este sábado ao escenario do SonRías...

SonDaRúa e Kase.O Jazz Magnetism soben este sábado ao escenario do SonRías Baixas

As entradas están esgotadas desde hai dous meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O recinto multiusos da Estacada, en Bueu (Pontevedra), acollerá este sábado a penúltima xornada de concertos do festival SonRías Baixas 2021, coa actuación de SonDaRúa e Kase.O Jazz Magnetism.

Segundo confirmou a organización, as entradas para ambos os concertos están esgotadas desde hai dous meses, e abrirá a quenda de actuacións SonDaRúa, ás 21,00 horas. Este grupo (Hugo Guezeta e Álex Arnoso nas voces, e That Bass como DJ), con gran proyeccción no panorama galego, combina a ironía e a tradición oral, facendo gala dun hip hop reivindicativo, de crítica social e política.

Ás 22,15 horas será a quenda de Kase.O, o coñecido rapero fundador do grupo Violadores del Verso e considerado un dos mellores MCs do rap en español. Este 2021 o músico celebra o décimo aniversario do seu proxecto en solitario, Jazz Magnetism.

O festival SonRías Baixas baixará o pano este domingo, cos concertos de Muerdo e La Pegatina.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...