InicioVigo e contornaVigoO Banco de Alimentos de Vigo bate récord: entregou máis dun millón...

O Banco de Alimentos de Vigo bate récord: entregou máis dun millón de alimentos durante o primeiro semestre do ano

Isto supón un aumento do 12% con respecto ao mesmo período do 2020.

PUBLICADO O

A Fundación Provincial Banco de Alimentos, con sede en Vigo e delegación en Pontevedra, aumentou nun 12% os produtos entregados á ONG coas que traballa durante o primeiro semestre de 2021 ata alcanzar os 1,1 millóns.

En concreto, repartiu 125.000 quilos máis de alimentos que no primeiros seis meses de 2020, o que apunta a “unha tendencia á alza” das persoas desfavorecidas que requiren axuda por parte da entidade, segundo destacou a mesma.

Neste sentido, a fundación puxo o foco en “os agoiros dun empeoramento dos efectos da crise actual motivada pola pandemia”, que explicou que leva que traballe en novos mecanismos para dar resposta ao incremento da demanda. Para iso, remarcou que a colaboración cidadá e empresarial resultou “esencial” desde o inicio da crise sanitaria.

Ademais, puxo en valor “o éxito sen precedentes” que supuxo a Gran Recollida desenvolvida en novembro de 2020, cando se conseguiron 550.000 quilos de comida. Ademais, sinalou que continúa a adquisición de alimentos mediante os donativos económicos recadados durante esta acción social. Así mesmo, a fundación indicou que manterá a súa actividade en agosto, cando un grupo de voluntarios continuará os labores de repartición de alimentos.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...