InicioVigo e contornaVigoA área de Vigo suma un de cada catro positivos por covid...

A área de Vigo suma un de cada catro positivos por covid en Galicia

A zona olívica supera os 4.500 contaxios e chega aos 47 hospitalizados, dous deles en UCI.

PUBLICADO O

Os hospitalizados pola Covid-19 en Galicia baixan a 301, un menos que na xornada anterior, mentres que os casos activos tamén descenden lixeiramente –16 menos– e se estancan nos 18.869. Os novos contaxios, pola súa banda, baixan pero mantéñense por encima do milleiro, en 1.171. Ademais, a taxa de positividade segue en ascenso e alcanza o 12,11% na Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do venres, recollidos por Europa Press, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI ascenden a 40 –catro máis–, pero descenden en cinco as que se atopan hospitalizadas noutras unidades –261–. Entre elas na de Vigo, onde hai un paciente menos hospitalizado en planta –45 en total–, pero mantéñense en dous os ingresados en críticos.

CASOS ACTIVOS Á BAIXA

Os casos activos de Covid rexistran un lixeiro descenso, con 16 infeccións menos, tras 37 xornadas consecutivas en ascenso, e sitúanse en 18.869, ao haber máis altas (1.184) que contaxios (1.171), ao que se suman tres falecementos. Vigo suma outros 64 casos tras rexistrar 240 contaxios novos, co cal a conta total de positivos na área olívica queda en 4.539, á cabeza de Galicia.

En canto á taxa de positividade das PCR a nivel galego, vén de subir a un 12,11% tras caer a un 11% a xornada anterior, despois de manterse as dúas xornadas previas nun 13,4% e iniciar esta semana cun repunte a un 15 por cento. Así, a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata fai tres semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...