InicioVigo e contornaVigoAs redes falan do reto entre Karpov e Abel Caballero

As redes falan do reto entre Karpov e Abel Caballero

O evento foi presentado este xoves polo alcalde, a xerente do centro comercial Travesía, Angélica Falagán, e o subcampión de España sub-16, o vigués Rubén Fernández. As finais serán o 24 e o 25 de setembro, datas nas que Karpov estará en Vigo. Desde Moscú retou a Abel Caballero a unha partida.

PUBLICADO O

Vigo estrea torneo e faino da man dun dos nomes máis relevantes deste deporte. Anatoly Karpov, o xogador que máis torneos internacionais gañou na historia do xadrez, estará en Vigo para as fases finais do “Travesía Vigo Master Chess” e este xoves, a través dun vídeo filmado na capital rusa, retou a unha partida ao alcalde, Abel Caballero, quen recolleu a luva.

O Travesía Vigo Master Chess celébrase nos meses de agosto e setembro.

Como embaixadora e imaxe do evento elixiuse a Inés Prado, bautizada pola prensa especialista “a Gambito de Dama Galega” e que, aos seus 24 anos de idade, é a primeira muller da historia en converterse en campioa galega absoluta de xadrez e a primeira en gañar un campionato autonómico español.

En representación do talento vigués participará Rubén Fernández, primeiro galego en lograr unha medalla mundial de xadrez, e que se acaba de proclamar subcampión de España de Xadrez sub16, que representará a España na Copa do Mundo, sendo aos seus 16 anos uno dos xadrecistas galegos máis laureados de todos os tempos.

Así mesmo, o centro comercial Travesía dotará a este evento de carácter internacional contando coa presenza en Vigo, os días 24 e 25 de setembro, da lenda mundial Anatoly Karpov, considerado un dos mellores xadrecistas e deportistas de todos os tempos. Karpov conta cun inigualable historial, sendo campión mundial por 16 anos, ademais de gañar máis de 170 torneos do máis alto nivel en solitario, sendo así o xogador que máis torneos internacionais gañou na historia do xadrez.

Anatoly Karpov, ademais de ser xadrecista profesional estudou economía, actualmente é profesor honorífico da Moscow Internacional Hagher Business Schoil Mirbis , dirixe máis de 150 escolas de xadrez en todo o mundo, é deputado na cámara baixa de Rusia e embaixador de UNICEF.

Travesía Vigo Master Chess

A organización promove un amplo abano de actividades ao longo destes dous meses, no marco da cita xadrecística. En primeiro lugar, o Campionato galego de xadrez, que convoca a uns mil xogadores nunha primeira fase clasificatoria en modalidade en liña, e cunha segunda fase presencial os días 24 e 25 de setembro no centro comercial Travesía, con 40 finalistas. O centro comercial Travesía repartirá 1.000 euros entre o primeiro, segundo e terceiro clasificado do Travesía Vigo Master Chess, para comprar no recinto comercial.

Ademais, vaise inaugurar o xadrez máis grande do mundo do 13 ao 25 de setembro, na praza exterior do centro comercial Travesía, creado a partir de material 100% reciclado procedente de caucho de rodas de toda Galicia, con medidas de 14 metros x 14 metros e con pezas dunha altura ata os 1,70 metros. Este xadrez está pendente de certificación no Record Guiness.

En terceiro lugar, Anatoly Karpov asinará taboleiros e libros de xadrez no Carrefour Vigo Travesía o día 24 de setembro. Por outro lado, o centro comercial prepara un gran evento na sala principal do Cinema Yelmo Travesía o día 25 de setembro, con charla coloquio coa asistencia de Karpov, Inés Prado e Rubén Fernández. Ese mesmo día pola tarde os 10 finalistas do torneo do Travesía Vigo Master Chess 2021 xogarán unha partida simultánea contra Karpov, e o gañador do torneo disputará unha partida en solitario na que Karpov xogará cun neno/para elixido aleatoriamente entre os asistentes, dotando así de maior dificultade a partida.

Por último, durante o mes de agosto, os clientes do centro comercial verán premiadas as súas compras a través de premios directos e poderán gozar dunha nova exposición fotográfica, en Travesía Galería, con imaxes inéditas de Anatoly Karpov.

Os memes nas redes non tardaron en aparecer logo do reto lanzado pola lenda do xadrez.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...