InicioEconomíaXunta e Armadores de Vigo asinan un convenio para "potenciar" a pesca...

Xunta e Armadores de Vigo asinan un convenio para “potenciar” a pesca galega

O VIII Conferencia Internacional ARVI abordará beneficios dos produtos do mar e retos da pesca en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A VIII Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca abordará os retos desta actividade e os beneficios dos produtos do mar en Vigo entre o 27 e o 28 de setembro, cando se celebrará de modo presencial e telemático.  Precisamente, a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, asinou este luns un convenio de colaboración co presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), Javier Touza, para apoiar a organización e a celebración da conferencia que impulsa a entidade.

Deste xeito, a Xunta busca contribuír á potenciación, difusión e promoción de produtos pesqueiros galegos para incrementar o coñecemento sobre eles e a súa competitividade. Así, xunto a ARVI, poderá coordinar accións de promoción de especies ou enfocadas na exploración de mercados mediante un encontro que contará coa participación dos principais distribuidores de peixe e marisco a nivel estatal, o que permitirá atraer empresas da cadea de subministración e abordar os retos do sector.

Neste sentido, Mercedes Rodríguez sinalou a importancia de potenciar os produtos pesqueiros de Galicia e de mellorar a situación socioeconómica dos profesionais do sector a través de accións que permitan aumentar o prezo das capturas sen posibilidade de prórroga. Tamén valorou o labor de encontros como a Conferencia Internacional ARVI para mostrar as bondades de produtos do mar galegos e abordar os retos do sector e posibles solucións para os mesmos.

En concreto, o convenio asinado permitirá que a Consellería do Mar achegue unha partida de 23.000 euros cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), así como a creación dunha comisión de seguimento xunto a ARVI para garantir a súa efectividade. Este equipo, conformado por un representante da institución e outro da entidade, tamén resolverá posibles incidencias relacionadas coa aplicación do acordo, que permanecerá vixente ata o 30 de decembro sen posibilidade de prorrogarse.

ÚLTIMAS

Inhabilitado un exconcelleiro tras recoñecer que prevaricou na contratación dunhas obras en Baiona

O exconcelleiro socialista de Baiona, Óscar Martínez Álvarez, aceptou a pena de 9 anos...

A Policía Local de Vigo corta a rúa Santa Tegra en Teis polo risco de derrube dunha fachada

A Policía Local de Vigo cortou á circulación un tramo da rúa Santa Tegra,...

Piden cárcere para un vigués acusado de alzamento ao renunciar á súa herdanza

A sección do Penal do Tribunal de Instancia, praza 1 de Vigo, acollerá este...

Vigo desembarca en Fitur co lema ‘Un Nadal de 365 días’ e a aposta por converterse nun gran plató de cinema

A cidade de Vigo presentará a súa oferta turística en Fitur este xoves, baixo...