As peaxes da AP-9 que aprobará o Goberno estarán en vigor para o fin de semana

Así o anunciou a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez.

A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, presenta os novos descontos para as peaxes da autoestrada do Atlántico, AP-9 , a 26 de xullo de 2021, na delegación do Goberno na Coruña, Galicia, (España). A presentació. M. Dylan - Europa Press

A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, presentou na mañá deste luns nun acto na Delegación do Goberno en Galicia, na Coruña, as bonificacións das peaxes da AP-9, que xa estarán en funcionamento para o fin de semana.

Este martes aprobarase o Real Decreto no Consello de Ministros, tal como anunciou Pedro Sánchez, co que empezarán a estar dispoñibles estas reducións, entre elas unha que permitirá que a viaxe de volta sexa gratis, durante as 24 horas seguintes ao de ida.

Con este novo Real Decreto, o Estado pagará máis dun terzo das peaxes, cunha contía de 2.300 millóns ata o ano 2048, cando finaliza a concesión. Así, 15 millóns de percorridos verán eliminada ou reducida a súa factura.

“Imos chegar a tempo con Galicia”, asegurou a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, que asegurou que “non foi nada fácil”.