InicioVigo e contornaVigoAprobado o proxecto básico do novo parque de bombeiros de Vigo

Aprobado o proxecto básico do novo parque de bombeiros de Vigo

Estará localizado no camiño dos Esturáns, preto de diversos espazos "de risco", segundo remarcou Caballero.

PUBLICADO O

A xunta do goberno local de Vigo aprobou o proxecto básico do novo parque de bombeiros e protección civil que se situará no camiño dos Esturáns. En declaracións remitidas aos medios, o alcalde da urbe olívica, Abel Caballero, explicou que as futuras instalacións estarán dotadas dun soto, un baixo, dúas plantas e un torreón, así como que contarán con case 2.000 metros cadrados de superficie.

Deste xeito, avanzou que se colocarán redes de megafonía, voz e datos, así como instalacións de protección contra incendios. O rexedor lembrou que o antigo parque de bombeiros se situaba en Balaídos, tras o que foi trasladado provisionalmente á zona da depuradora.

Mentres, destacou que o novo complexo situarase próximo a lugares de “risco”, como a zona portuaria, que remarcou que carece deste servizo, o que supón “unha grave anomalía”.

 

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...