InicioVigo e contornaUn paseo en catamarán por San Simón co concerto dun artista galego...

Un paseo en catamarán por San Simón co concerto dun artista galego ‘segredo’

É o plan do festival Sinsal para o vindeiro 24 de xullo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival Sinsal SON Estrela Galicia, que se celebra entre o 23 e o 25 de xullo, ofrecerá un paseo en catamarán pola baía de San Simón, a mañá do 24 de xullo, durante o que os espectadores asistirán á estrea, en vivo, do último traballo dun artista galego segredo. Tal e como informou a organización do festival nun comunicado, esta é unha das actividades paralelas previstas “coa intención de pór en valor o patrimonio ambiental da Illa de San Simón”.

‘Sinsal Esencial’, tal e como se denomina esta edición do festival, que terá lugar entre o 23 e o 25 de xullo, “quere facer fincapé nos valores máis esenciais e sobresalientes do evento: a sustentabilidade, a natureza, a experiencia e a música en vivo de creadoras e creadores galegos”.

Neste percorrido en catamarán, de hora e media de duración e que partirá do embarcadoiro de San Adrián de Cobres ás 12,00 horas, o público asistente –un máximo de 60 persoas– “poderá coñecer o enclave –a memoria da illa e a historia do seu patrimonio, a súa natureza e a espectacular contorna de San Simón– da man dunha guía especializada”.

A cita no catamarán súmase á estrea en directo, durante o paseo, do novo disco dalgún artista galego, que o público descubrirá no momento de subir ao barco, segundo sinalou a organización do evento. O artista ofrecerá un concerto en acústico de 40 minutos.

“Desta maneira, Sinsalaudio mantén a súa aposta pola promoción do talento do país á vez que relaciona a cultura galega coa súa contorna natural”, destacaron os promotores. As entradas para o paseo en catamarán pola enseada de San Simón sairán á venda o luns 19 ás 12,00 horas a través da plataforma Enterticket.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...