InicioVigo e contornaVigoDetido un vigués tras ameazar á súa parella cun coitelo en plena...

Detido un vigués tras ameazar á súa parella cun coitelo en plena rúa

Tamén lle propinou varios golpes na cara.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo detivo este venres a un veciño da cidade de 31 anos, J.E.C., por supostamente propinarlle varias puñadas e patadas á súa parella, outra moza de 29 anos, e chegar a ameazala cun coitelo na vía pública.

Segundo informa o corpo municipal, todo iniciouse por mor dunha chamada recibida na Sala do 092 sobre as 11,16 horas. Nela, un particular alertaba de que en Praza de América observara como un home agredía a unha muller mentres portaba un coitelo.

Varias dotacións policiais trasladadas ata o lugar puideron identificar a unha testemuña dos feitos, que manifestou que lle chamaron a atención os berros dun individuo mentres propinaba dúas puñadas a unha moza. Ademais, outra testemuña explicou que a este home caéralle un coitelo, que o recolleu do chan, escondeuno entre as súas roupas e fuxiu en dirección á Avenida Castelao.

Pouco despois, os axentes conseguiron localizar á vítima, quen identificou ao presunto agresor e admitiu que levaba un ano de relación con el. Así mesmo, relatou como minutos antes lle propinou dúas puñadas e varias patadas tras unha discusión e como lle proferiu as ameazas. Aínda que presentaba varias lesións no rostro, a vítima “negouse a ser trasladada ao centro médico para que lle realizasen probas”, segundo subliña a Policía Local.

RESISTENCIA Á POLICÍA

Unha vez identificado o suposto autor dos feitos, os axentes desprazáronse á súa residencia e localizárono no rellano interior do edificio. A pesar de que negou os feitos, as versións coincidentes das testemuñas levaron á súa detención por un delito de malos tratos no ámbito familiar.

No momento do arresto, o mozo mostrou “unha gran resistencia activa” braceando e chegando a extraer a defensa dun dos axentes, indica a Policía. No entanto, finalmente conseguiron inmobilizalo e reducilo.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...