H&M tamén estará no centro comercial Vialia de Vigo

O complexo comercial presentará unha oferta variada de restauración, moda, beleza, decoración, cinemas e actividades de lecer.

Deseño do futuro centro comercial Vialia Vigo. NHOOD

H&M sumarase á oferta do centro comercial Vialia de Vigo, cuxa apertura está prevista para o próximo mes de setembro, cun establecemento de dúas plantas. En concreto, a multinacional contará máis de 2.000 metros cadrados de superficie distribuídos en dúas plantas, segundo detallou o operador inmobiliario mixto Nhood, que xestiona o futuro complexo comercial.

H&M súmase deste xeito a distintas firmas nacionais e internacionais que disporán de locais no centro comercial, como Alcampo, Primark, Luxenter, Teens Invaders, Mayoral, Sprinter, Adidas, JD, Oh My Kebab, Taco Bell, 100 Montaditos, Muerde la pasta, Vips, Mc Donald’s e Burger King, entre outros.

Así, o complexo comercial, que se situará xunto á nova estación intermodal de Vigo, presentará unha oferta variada de restauración, moda, beleza, decoración, cinemas e actividades de lecer.