InicioSociedadeOs trens entre Vigo e Madrid sairán e chegarán á estación de...

Os trens entre Vigo e Madrid sairán e chegarán á estación de Urzaiz a partir do 19 de xullo

Así o indicou Renfe, que se fixo eco dun comunicado do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, na que se sinala ademais que a nova oferta directa entre Vigo Urzáiz e Madrid estará composta por dous trens de ida e outros dous de volta a partir dese mesmo luns.

PUBLICADO O

Todos os trens de Renfe que unen Vigo e Madrid sairán e chegarán á nova estación de Vigo Urzáiz a partir do próximo luns 19 de xullo e circularán polo baipás de Conxo, en lugar de por a vía do Miño, como fixeran ata agora.

Así o indicou Renfe, que se fixo eco dun comunicado do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, na que se sinala ademais que a nova oferta directa entre Vigo Urzáiz e Madrid estará composta por dous trens de ida e outros dous de volta a partir dese mesmo luns.

Desta forma, os dous novos percorridos serán realizados por un Alvia que sairá de Madrid Chamartín de luns a venres ás 07,15 horas e chegará a Vigo Urzáiz ás 12,55 horas; e outro que circulará todos os días, menos os sábados, entre a estación viguesa –da que sairá ás 15,32 horas– e a madrileña –á que chegará ás 21,05 horas–.

A oferta inclúe ademais un Alvia, que circula a diario, e que sae de Madrid Chamartín ás 16,45 horas para chegar a Vigo Urzáiz ás 21,55 horas; así como outro servizo dispoñible todos os días excepto os domingos, que sairá de Vigo ás 08,55 horas e chegará a Madrid ás 14,05 horas.

Respecto dos novos servizos, o Ministerio subliñou os “aforros de tempo” nas estacións, que oscilan entre o cinco e sete minutos menos de viaxe na de Vigo, e móvense entre os 48 e 56 minutos menos na estación de Pontevedra.

Á súa vez, lembrou que o pasado 14 de xuño empezou a funcionar o primeiro Alvia Vigo-Madrid –uno por sentido– desde a estación de Urzáiz polo baipás de Conxo. “Este tren aforra 30 minutos porque realiza menos paradas entre Vigo e Madrid”, sinalou o departamento do Goberno estatal.

LIGAZÓNS EN OURENSE

Estes Alvia, que circularon ata agora vía Miño, tiñan establecidas paradas nas estacións de Redondela e Guillarei e, “para que estes lugares manteñan o servizo con Madrid”, Renfe estableceu catro enlaces en Ourense. O Tren Alvia que sae ás 07,15 de Madrid e chega a Vigo Urzáiz ás 12,55 horas, ao chegar a Ourense ás 11,25 h. ten ligazón co tren de media distancia Rexional Exprés, con saída ás 11,35 h., con parada en Guillarei ás 12,57 h. e en Redondela ás 13,20 h.

O Tren Alvia das 16,45 horas de Madrid que chega a Vigo Urzáiz ás 21,55 horas, ao chegar a Ourense ás 20,27 horas ten ligazón co tren procedente de Barcelona –mércores, venres e domingos– con saída ás 21,25 horas e co Media Distancia –luns, martes, xoves e sábados– con saída ás 21,28 horas, con parada en Guillarei ás 22,32 h. e en Redondela ás 22,55 h.

Tamén o Tren Alvia que une Vigo Urzáiz ás 08,55 horas con Madrid, onde chegará ás 14,05 horas, ten ligazón en Ourense ás 10,22, co Alvia destino Barcelona –luns, xoves e sábado– e co Media Distancia –martes, mércores, venres e domingo–, con parada en Redondela –7,53 hora de saída– e Guillarei –8,10 hora de saída–.

Ademais, o tren que comunica Vigo Urzáiz, de onde sae ás 15,22 horas, con Madrid Chamartín, onde chega ás 21,05 horas, ten ligazón á súa chegada a Ourense ás 17,02 h., co Rexional conparada en Redondela ás 14,48 h. –hora de saída– e Guillarei ás 15,09 h. –hora de saída–.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...