Caballero resalta a “presenza do municipalismo” no Goberno central despois da súa remodelación

"Catro mulleres ministras veñen da política da proximidade, da política municipal, do que eu defendo que é a nova política", sinalou o alcalde de Vigo.

O presidente da FEMP, Abel Caballero e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.. Óscar do Pozo - Europa Press - Arquivo

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, puxo en valor a “presenza do municipalismo” no Goberno central tras a súa remodelación, que supuxo a entrada de tres alcaldesas no Consello de Ministros.

Nunha rolda de prensa celebrada en Vigo, o tamén alcalde da urbe olívica reivindicou “a importancia do municipalismo” e mostrou a súa “satisfacción” polo feito de catro das novas ministras proveñan deste ámbito. “Catro mulleres ministras veñen da política da proximidade, da política municipal, do que eu defendo que é a nova política“, sinalou.

Nesta liña, subliñou que “a política se ten que facer de forma distinta” a través dun “goberno para todos”, do que asegurou que Vigo supón un “exemplo”. Así, afirmou que o modelo da cidade olívica representa “un modo de facer política desde a proximidade” e “empeñado en satisfacer necesidades”, e reivindicou que a xestión municipal é “total”.

En concreto, o pasado sábado anunciouse unha remodelación do Goberno central que afectou a sete carteiras e que este luns supuxo a entrada das alcaldesas de Puertollano, Gandía e Gavá, Isabel Rodríguez, Diana Morant e Raquel Sánchez, respectivamente, e da que fose concelleira no Concello de Zaragoza Pilar Alegría no Consello de Ministros.