InicioEconomíaAstilleros San Enrique sinala "impedimentos" á súa actividade do Porto, que afirma...

Astilleros San Enrique sinala “impedimentos” á súa actividade do Porto, que afirma que non pode autorizarse “sen título”

A empresa advirte de 350 novos empregos en perigo.

PUBLICADO O

Marina Meridional, propietaria de Astilleros San Enrique, denunciou “impedimentos” para que os seus clientes accedan ás súas instalacións “promovidos pola Autoridade Portuaria”, mentres esta institución remarcou que “non pode autorizar actividade sen título habilitante”.

A empresa afirmou que trasladou ao Porto “os graves problemas de honra e prestixio” que leva esta situación, que asegurou que “imposibilita aumentar as contratacións depersonal do estaleiro”. Por iso, pediu que “se poña fin inmediatamente” á “innecesaria política obstrucionista” levada a cabo.

De feito, asegurou que remitiu ao Porto tres cartas de compromiso de contratación de novas construcións de diferentes buques que negocia o estaleiro, onde xeraría “350 empregos”, e que, segundo advertiu, “están en risco se esta situación se mantén”.

Así as cousas, ¡ San Enrique anunciou a interposición dun contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para “resolver esta cuestión” e solicitar “medidas cautelares” que permitan que “se poida continuar coa actividade da empresa”.

Pola súa banda, fontes do Porto remarcaron que “non se pode autorizar actividade sen título habilitante” e pediron “respecto á legalidade”.

CONCESIÓN

Noutra orde de cousas, Estaleiros San Enrique indicou que o Porto de Vigo lle ofreceu a posibilidade de acceder a unha autorización sobre o uso das instalacións de dominio público marítimo terrestre “por un período mínimo de tres anos”, mentres se resolve a nova concesión administrativa.

Esta situación prodúcese despois de que o consello de administración do Porto de Vigo formalizase a extinción da concesión das antiga Factorías Vulcano, que ocupa San Enrique, co único voto en contra de CIG.

Aínda que o estaleiro propiedade de Marina Meridional valorou a posibilidade de continuar nas instalacións, criticou que “estes significativos avances estean suxeitos á redución da superficie da concesión administrativa en, aproximadamente, un 15%” e que leven “un aumento das taxas portuarias en case tres veces o que pagaba Factorías Vulcano ata o momento”.

Mentres, fontes do Porto de Vigo lembraron que a extinción da concesión leva que a empresa deba abandonar as instalacións “nun prazo aproximado dun mes”. No entanto, indicaron que pode pedir unha autorización temporal ata que se adxudique o concurso que se realizará e que “estará aberto a calquera empresa que queira desenvolver un proxecto de construción e/ou reparación naval”, así como que se prevé que se resolva “en seis ou oito meses”.

Neste sentido, as mesmas fontes explicaron que se Marina Meridional pide unha autorización “valorarase se cumpre coas condicións que fixe a Autoridade Portuaria” e estableceranse as taxas. En todo caso, subliñaron que esta autorización será provisional, mentres non se saque o concurso.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...