Feridos tres mozos nunha saída de vía en Vigo

Aviso da Policía Local tras un incidente/ POLICÍA LOCAL

Tres mozos resultaron feridos sobre as 23,00 horas deste luns o 112 Galicia nunha saída de vía con feridos na autovía A-55, en Vigo. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia recibiu a chamada de varios particulares que informaron dunha saída de vía e, ademais, sinalaron que os ocupantes do vehículo estaban fóra do coche.

Á zona o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital básico que levou ao centro hospitalario Castro Perpetuo Socorro a tres homes: I.C.C., de 21 anos; F.Z.R., de 20 anos; e R.E.C., de 20 anos, indicaron fontes sanitarias.

Así mesmo, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do servizo de mantemento de estradas para garantir a seguridade da vía xa que, nalgún dos carrís afectados, había restos do accidente, que chegaron a ocasionar danos noutros vehículos que circulaban pola zona.