InicioSociedadeA Xunta comunica un desafiuzamento ao ocupante dunha vivenda social sen contrato

A Xunta comunica un desafiuzamento ao ocupante dunha vivenda social sen contrato

Fontes do Goberno galego  detallaron que o anuncio fai referencia a unha vivenda "cuxo ocupante non ten contrato de aluguer en vigor".

PUBLICADO O

A Xunta comunicou a proposta de resolución dun procedemento de desafiuzamento admininistrativo a un ocupante dunha vivenda social que carece de contrato de aluguer en vigor e que, segundo sinalou, non está en situación de desamparo.

En concreto, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves un anuncio da área Provincial de Ourense do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) polo que empraza á persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título.

Fontes do Goberno galego  detallaron que o anuncio fai referencia a unha vivenda “cuxo ocupante non ten contrato de aluguer en vigor”.

Así, destacaron IGVS “está a tentar solucionar a situación coa formalización dun contrato de aluguer”, pero que este non foi asinado pola persoa que ocupa a vivenda.

Como as comunicacións previas non foron recollidas por esta persoa, o IGVS notificouno a través do DOG. En todo caso, as mesmas fontes remarcaron que non se trata dunha situación de desamparo “pois esta persoa ten ingresos”.

Así mesmo, lembraron que as vivendas de promoción pública adxudícanse a través do Rexistro de Demandantes, polo que subliñaron que permitir unha ocupación sen título prexudica ás persoas pendentes de que se lles adxudique un inmoble.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

Tres detidos en Vigo por presunta vinculación cun atraco bancario

Polo menos tres persoas foron detidas na mañá deste martes en Vigo pola súa...